Acción xeolóxica das augas continentais:
Estas poden ser superficiais e subterráneas, as superficiais son:
-Regatos: correntes de auga procedentes dos desxeos ou da chuvia. Algunhas formacións dos regatos son as cárcavas (surcos en terreos brandos e soltos), chemineas de fadas (columnas piramidais coroadas por unha rocha) e lenares (sucos escavados en rochas solubles e separados por cristas).
-Ríos: correntes de auga permanentes que discorren por un leito. Teñen un caudal, a cantidade de auga que leva o río. O seu percorrido ten tres cursos:
-Curso alto: maior pendente, maior velocidade. Nesta zona predomina a erosión. Hai gargantas, desfiladeiros, foces e canóns.
-Curso medio: predomina o transporte. Aquí hai curvas pronunciadas (meandros), e tamén aluvións e terrazas fluviais.
-Curso baixo: escasa pendente, predomina a sedimentación. Encóntrase a desembocadura, e están as veigas.
-Glaciares: enormes masas de xeo en rexións moi frías. Hai dous tipos de glaciares: os de casquete polar (encóntranse nos polos, e avanzan cara o mar donde rompen en incebergs) e os alpinos, formados en zonas de alta montaña e que contan con tres partes: circo glaciar (parte máis elevada), val glaciar (canle pola que discorre a lingua glaciar) e a fronte glaciar (parte máis baixa onde se funde o xeo).
As subterráneas son procedentes da infiltración da auga no terreo, e a acción das augas subterráneas cargadas con ácido carbónico sobre as rochas calcarias produce a cárstica.
Os acuíferos: a auga infíltrase ata encontrar unha capa impermeable onde se acumula. A superficie superior desta capa fai o nivel freático, e a capa almacenada no subsolo forma o acuífero.

Acción xeolóxica das augas mariñas:
A auga do mar é o axente que modela a costa, onde entran en contacto o mar e os continentes.
A acción erosiva do mar: prodúcese polo choque das ondas contra a costa, e os resultados máis característicos son os acantilados, plataformas de abrasión, arcos naturais, covas, illotes, calas, baías e enseadas.
Transporte e sedimentación mariños: os materiais son arrastrados polas ondas e depositados na costa. Os máis grandes quedan xunto aos acantilados, e outros materiais que se arrastran forman as praias, barras litorais e tómbolos.