A atmosfera:
É unha capa gasosa que mantén o equilibrio entre a radiación solar que se obtén e que se reflicte de novo ao espazo. Debido á inclinación e á forma da Terra, o calor non se recibe de xeito homoxéneo en todos os lugares. Por iso, para compensar as diferenzas de temperatura, xéranse na atmosfera correntes globais que levan o aire quente do ecuador aos polos e o aire frío viceversa.

A súa acción sobre as rochas:
Sobre as rochas fan certos procesos xeolóxicos como a meteorización, a erosión, o transporte e a sedimentación, que son realizados por diferentes axentes xeolóxicos (en este caso da atmosfera).
Meteorización: conxunto de procesos asociados á acción de axentes atmosféricos sobre as rochas.
-Mecánica: provoca a desintegración física das rochas, rómpeas en fragmentos. Algúns procesos que a ocasionan son a descompresión das rochas, a acción do xeo (aumenta o volume das rochas ao se conxelar a auga que se infiltrara nas súas gretas, cambios bruscos das temperaturas e a acción das raíces das plantas)
-Química: conxunto de reaccións químicas que poden producirse simultaneamente sobre as rochas. Os axentes responsables son o osíxeno, dióxido de carbono e vapor de auga. Reaccións químicas máis frecuentes: Disolución (rochas evaporíticas disoltas pola auga), carbonatación (auga carbonatada e lixeiramente aceda que descompón rochas) e oxidación (o osíxeno disolto en auga oxida certas rochas).