Recursos naturais: bens da natureza que utilizamos para satisfacer as nosas necesidades. Divídense en tres grupos:
-Renovables: bens que sempre se renovan por moito que se utilicen, como a enerxía solar ou eólica.
-Non renovables: bens que se poden esgotar ou se renovan moi lentamente, como o petróleo.
-Potencialmente renovables: bens que se renovan lentamente pero se non se abusa deles poden durar
indefinidamente. (Bosques, plantas, animais...)
Fonte de enerxía: todo do que se poida extraer algún tipo de enerxía. Os tipos de enerxía poden clasificarse en dous grandes grupos: renovables e non renovables.
NON RENOVABLES:
-Combustibles fósiles: formáronse en eras xeolóxicas pasadas debido á descomposición baixo a auga de vexetais e organismos planctónicos. Son o carbón (produce enerxía eléctrica nas centrais térmicas), o petróleo (do que se obteñen diversos combustibles) e o gas natural (o menos contaminante, libera dióxido de carbono).
-Enerxía nuclear: os átomos de uranio rómpense noutros máis pequenos nas centrais nucleares (fisión nuclear) polo que se libera moita enerxía. Críase que era limpa e barata pero as medidas de control e seguridade teñen un gran custo.
-Enerxía xeotérmica: procede da calor interna da Terra. Nas centrais xeotérmicas introdúcese auga fría a moitos metros de profundidade e recolle vapor de auga, que ascende para mover unhas turbinas. Non contamina, pero as fontes arrefrían tras anos de explotación.
RENOVABLES:
-Enerxía hidráulica: converte a enerxía cinética da auga en enerxía eléctrica. A forma máis usada é encorar a auga dos ríos e deixala caer sobre turbinas para obter electricidade. Non contamina pero supón un impacto ambiental.
-Enerxía eólica: trátase de capturar enerxía cinética do vento para convertila en enerxía eléctrica mediante aeroxeradores, que están nos parques eólicos. Degradan a paisaxe e as aves chocan coas súas pas.
-Enerxía solar: nesta enerxía utilízanse paneis solares, que se destinan a obter calor para calefacción e auga quente dos edificios ou tamén enerxía eléctrica nas grandes centrais solares (fotovoltaicas). Están nos tellados ou solos.
-Biomasa: trátase de queimar materiais orgánicos para obter enerxía. É unha enerxía barata, pero bastante contaminante (emisión de dióxido de carbono á atmosfera). Tamén se cultivan plantas para obter biocombustibles (sustitutos das gasolinas).
-Hidróxeno: é en principio unha fonte de enerxía moi limpa, porque só produce auga, pero a obtención de hidróxeno si o é, porque se extrae do gas natural (que libera dióxido de carbono)