Os sentidos (Explicación e debuxo)
A vista: o ollo capta os estimulos luminosos. A luz atravesa os medios transparentes e a lente forma unha imaxe invertida na retina. Dende aquí a imaxe transfórmase en impulsos nerviosos que chegan ao cerebro a través do nervio óptico.
O olfato: as moléculas do olor chegan as fosas nasais e disolvense nas mucosidades. Baixo estas, as neuronas receptoras do olfato detectan os olores. Estas transmiten información aos bulbos olfactorios e desde ahi pasan ao cerebro.
O oído: o son transmítese mediante ondas sonoras. O pavillón auditivo externo recólleas e pasan polo conducto auditivo ata chegar ao tímpano. A este fano vibrar. A vibración amplíase e pasa pola cadea de ósos, despois atravesa a ventá oval e chega ao caracol. Alí move os cilios das células sensoriais provocando un impulso nervioso, e é transmitido polo nervio auditivo á área auditiva do cerebro.
O gusto: o sabor dos alimentos chegan aos botóns gustativos, en contacto coas fibras nerviosas. Estas recólleno e transmítenlle información ao nervio gustativo, o que transmite información ao cerebro.
A pel e o tacto: a través do tacto percíbense sensacións como contacto, presión, calor, dor e frío. Para poder facelo actúan diferentes corpúsculos táctiles:
-Corpúsculo de Krause (frío)
-Corpúsculo de Pacini (presión)
-Corpúsculo de Ruffini (calor)
-Corpúsculo de Meissner (tacto)