O SISTEMA NERVIOSO
Primeiro falaremos sobre a composición do sistema nervioso:
Sistema nervioso central: divídese en encéfalo e médula espiñal.
|
Sistema nervioso periférico: está formado por nervios non pertencentes ao sistema nervioso central. Estos son feixes de fibras nerviosas cubertas por unha vaíña, formada por células de Schwann. A vaíña produce a capa de mielina que se estende ao longo do tubo de forma discontinua e donde non se encontra capa de mielina chámase aneis de Ranvier.
|
Impulsos nerviosos: estes recorren un longo camiño ata chegar aos órganos efectores. Para chegar a estes os impulsos nerviosos viaxan a través dunha cadea de neuronas, pero ninguna neurona se toca con outra. O espazo que hai entre cada neurona chámase sinapse. Cando o impulso nervioso chega ao final dunha neurona, para pasar a outra, este solta na sinapse unhas substancias químicas, chamadas neurotransmisores, que contactan coa membrana da seguinte neurona e así o impulso nervioso pode seguir o seu camiño.
Actos reflexos: os actos reflexos son respostas do sistema nervioso central (concretamente da médula espiñal) onde só interveñen unha neurona sensitiva e unha motora, por iso as respostas son involuntarias e rápidas.
Algúns exemplos son: o reflexo rotuliano, o de retirada, o aquíleo e o pupilar.
Sistema nervioso autónomo: este sistema regula o funcionamento dos órganos internos. Está formado por nervios que comunican os diferentes órganos con algunhas partes da médula espiñal, bulbo raquídeo e o hipotálamo. Este funciona de forma insconsciente e automática, e realiza funcións vitais. Está formado por dous compoñentes:
Sistema simpático: prepara o corpo para situacións de tensión e peligro, e aumenta o gasto de enerxía.
|
Sistema parasimpático: produce unha relaxación do corpo, e diminúe o gasto de enerxía.
|