Sistema endócrino: o funcionamento dos órganos do corpo complétase coa producción dunhas substancias químicas que actúan como mensaxes químicas. Estas son as hormonas, producidas por diferentes glándulas endócrinas. Algunhas de estas son:
-Hipotálamo: produce as hormonas glandulotropas, cuxa misión é estimular outras glándulas para que segreguen hormonas
que actuarán sobre diferentes tecidos do corpo.
-Hipotálamo: produce as hormonas glandulotropas, cuxa misión é estimular outras glándulas para que segreguen hormonas
que actuarán sobre diferentes tecidos do corpo.
-Hipófise: divídese en hipófise anterior e posterior:
-Anterior: produce algunhas hormonas que actúan sobre outras
glándulas (TSH, ACTH, FSH, LH) e tamén produce outras como a
somatotropa (estimula o crecemento de todos os tecidos corporais) e a
melanófora (produce o escurecemento da pel pola melanina, a súa
substancia).
-Posterior: produce a oxitocina (estimula as contraccións do útero no
Pel con pouca melanina parto) e a antidiurética (diminúe a eliminación de urina ao facer que o ril devolva máis auga)

Tiroide: a súa principal hormona é a tiroxina, que aumenta o metabolismo celular ao acelerar as reaccións químicas que liberan enerxía, e así regula a temperatura corporal. Esta contén catro átomos de iodo.
Paratiroides: son catro pequenas glándulas detrás da tiroide. A súa hormona é a parathormona (que regula a cantidade de calcio no sangue). Se hai pouco, actívase esa hormona.
Glándulas suprarrenais: están sobre os rils e teñen un tecido externo e un interno.
-Cortiza: produce a aldosterona (regula a cantidade de sodio e potasio no sangue)
e o cortisol (activa as transformacións das proteínas e graxas en glicosa)
-Medula: produce a adrenalina, cuxa función é como a do sistema simpático,
preparar ao corpo para situacións de emerxencia (aumenta o latexo cardíaco,
dilata os vasos sanguíneos...)
Páncreas: como glándula exócrina produce o suco pancreático e como glándula endócrina...
Fórmase polos illotes de Langerhans, nos que existen células alfa e beta:
-Células alfa: producen o glicagón, que estimula ó fígado para que envíe
glicosa ó sangue.
-Células beta: producen a insulina, que reduce o nivel de glicosa do
sangue.

Glándulas sexuais ou gónadas: as gónadas son os ovarios e os testículos, que ademais de
producir óvulos e espermatozoides, producen as hormonas sexuais. Na pubertade o hipotálamo produce neurohormonas que estimulan a hipófise e esta produce as hormonas LH e FSH. Grazas a estas os ovarios producen estróxenos e proxeterona e os testículos andróxenos.